[GALEGO]

As alumnas de galego somos as únicas da Aula d’Idiomes que non podemos obter a titulación oficial da lingua que estudamos, aquí en Catalunya.

#Querémolo é unha campaña que lanzamos o pasado 31 de maio para reivindicarmos que se fagan as probas do CELGA (Certificado de Estudos de Lingua Galega) fóra da Galiza e Ponferrada.

Até hai uns anos, podíanse facer estas probas en Barcelona mais a Xunta da Galiza deixou de ofrecer esa posibilidade. Ter que viaxar até Compostela, Lugo ou Ponferrada supón, para nós, unha barreira económica e de conciliación laboral e familiar, para acreditarmos oficialmente o galego.

Actualmente, publícanse as convocatorias no primeiro trimestre do ano e as datas non se concretan até uns 15 días antes.

Estas dificultades leváronnos a reivindicar a través dunha campaña a nosa situación e demandar que a administración galega adquira maior compromiso coa lingua e promova o seu uso.

Convidamos outras estudantes de galego que sexan de fóra da Galiza, así como a calquera persoa comprometida coa lingua, a engadirse a esta iniciativa para conseguirmos o noso obxectivo.

Podedes seguir a campaña nas nosas redes sociais

 

Instagram @instaengalego

Youtube @instaengalego

Twitter @twitterengalego

Facebook @twitterengalego

 

 

 

 

[CATALÀ]

Les alumnes de gallec som les úniques de l’Aula d’Idiomes que no podem obtenir la titulació de la llengua que estudiem a Catalunya.

#Querémolo és una campanya que vam donar a conèixer el passat 31 de maig per reivindicar que es facin les proves del CELGA (Certificat d’Estudis de llengua Gallega) fora de Galícia i Ponferrada.

Fa uns anys, es podien fer aquestes proves a Barcelona, però la Xunta de Galícia va deixar d’oferir-ne la possibilitat. Haver de viatjar fins a Compostel·la, Lugo o Ponferrada suposa, per a nosaltres, una fuita econòmica i de conciliació laboral i familiar, per acreditar oficialment el nivell de gallec.

Actualment, es publiquen les convocatòries el primer trimestre de cada any i les dates no es concreten fins a uns 15 dies abans.

Aquestes dificultats ens han dut a reivindicar mitjançant una campanya la nostra situació i a demanar que l’administració gallega garanteixi un compromís més alt amb la llengua i que en promogui l’ús.

Convidem altres estudiants de gallec que siguin de fora de Galícia, així com a qualsevol persona compromesa amb la llengua, a afegir-se a aquesta iniciativa per aconseguir el nostre objectiu.

[articles sobre la nostra campanya a la premsa gallega:

Alumnado catalán lanza unha campaña para que o CELGA se poida acreditar fóra de Galicia

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/128066-alumnado-catalan-lanza-campana-celga-se-poida-acreditar-fora-galicia

#Querémolo: acreditar o CELGA fóra da Galiza.

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/queremolo-sacar-celga-fora-da-galiza/20200529165550098644.html]